Logo Trinketrinke

Espectáculos para a educación afectivo- sexual

A iniciativa para a creación dos espectáculos deste apartado, naceu hai anos no Centro de Orientación Familiar de Orillamar da Coruña e máis concretamente da psicóloga Chus Díaz Anca, coñecedora do noso traballo, experta que colaborou con Trinketrinke na coidada elaboración dos guións e selección bibliográfica, acadando un resultado altamente valorado por nais, pais e profesorado. Temas ás veces moi complexos son tratados con sinxeleza e claridade, o que permite unha perfecta comprensión dos mesmos por parte do público infantil.

Portada aprendendo a querer

Aprendendo a querer

Unha bóa saúde afectiva é básica para o benestar e o desenvolvemento da persoa. Tamén é importante para previr comportamentos violentos e para saber detectar relacións insás. Isto sábeno ben os ratos e ratiñas de Lonxedetodo, que teñen cousas moi interesantes para contarnos hoxe.

Temas: Educación afectivo- sexual. Saúde afectiva.

portada cores e persoas

Cores e persoas

Un paseo respectuoso por un mundo diverso da man de Lilí Gruyére. Abórdase o problema do acoso escolar e dáse a coñecer a realidade tráns-xénero na infancia (coa colaboración da psicóloga Chus Díaz Anca).

Temas: Educación afectivo- sexual.

Portada de onde veñen os bebés

De ónde veñen os bebés? (e outras preguntas)

O rato Fuco é tan curioso como calquera neno. Últimamente tolea a preguntas á súa amiga Lilí Gruyère. Ela ármase de paciencia e contesta as que sabe e apraza a resposta das que non gañando tempo para se documentar, mais nunca censura a curiosidade do seu pequeno amigo porque sabe que ésta e a motivación son os motores de toda aprendizaxe.

Temas: Educación afectivo- sexual. Curiosidade.

portada familias diversas

Familias diversas

Hoxe visítanos a ratiña Carolina. Vainos falar da súa mamá Rita que é a directora da banda de música de Lonxedetodo e da súa mamá Rosalinda, desactivadora de trampas para ratos. Carolina está empezando a pensar qué quere ser de maior.

Temas: Educación afectivo- sexual.

portada contos para protexer

Non. Aí non. (Contos para protexer a infancia dos abusos sexuais)

Da man de Lilí Gruyére, o tema é tratado dun xeito delicado, coidadoso e claro ao mesmo tempo.

Temas: Educación afectivo- sexual.

portada o ratiño presumido

O ratiño presumido

O conto de "A ratiña presumida" fomenta os estereotipos de xénero e as ideas sexistas. Nesta actividade dramatizaremos o conto de "O Ratiño presumido" dándolle a volta ao conto clásico para amosar a un ratiño (o rato Fuco) que disfruta cantando e limpando a súa casa e para visibilizar un rol feminino de empoderamento, no que a ratiña non ten ningún problema en tomar a iniciativa e propoñer ela o matrimonio ao ratiño.

Temas: Educación afectivo- sexual. Igualdade de xénero.

portada rato canguro

O rato canguro

O rato Fuco chega hoxe á biblioteca acompañado por un pequeno porquiño ao que ten que coidar porque os pais hoxe non poden. Cambiarálle o cueiro, darálle a merenda e por suposto contarálle contos, porque en Lonxedetodo os coidados non son una actividade exclusiva das ratiñas.

Temas: Educación afectivo- sexual. Coidados. Igualdade de xénero.

Logo Trinketrinke
Teléfono

Chama aos Ratos de Lonxedetodo

616 071 986

© Copyright 2025 Trinketrinke Teatro | Aviso legal | Política de privacidade

Fuco en bicicleta