Logo Trinketrinke

Trinketrinke Teatro

Animación á lectura desde o teatro.

Os Ratos de Lonxedetodo percorren as bibliotecas de Galicia desde 1992. Contan cun repertorio de máis de 50 espectáculos que abordan distintos temas de interese educativo e que foron representados en mil e unha ocasións, tanto para público familiar como escolar.

Trinketrinke está integrado por: David Pernas (Fuco) director e fundador da compañía, Vanessa Rivas (Lilí Gruyère) mestra de Educación Infantil e Primaria, Nadia Hariri (Faifá)licenciada pola ESAD de Galicia, Isa Risco (Carolina) graduada en Pedagoxía Teatral pola Universidade da Coruña e Juanillo Esteban (Pillo) voz do popular “Xabarín” da TVG.

Os personaxes- ratos, a través da comicidade, tenta establecer unha relación afectiva co público infantil e grazas a ela, constituirense aos seus ollos en modelo de lectores, amantes da literatura e usuarios da biblioteca.

Materiais de apoio para contar os contos

Nas nosas sesións sempre hai elementos que sorprenden ao público. Para contar os contos utilizamos distintos recursos: narración oral, mostrarmos as ilustracións, monicreques, teatro de obxectos, proxeccións, franelogramas e tamén dramatizacións nas que participa o público asistente.

Lili Gruyère con máscaras
O rato fuco e mais o seu acordeón
Monicreques

Hai contos que se prestan á narración oral, o xeito mais xenuino de transmitir un conto. Hai contos que teñen fermosas ilustracións que poden ser amosadas aos nenos-as mentres se contan; outros contos de fermosas ilustracións teñen un formato pequeno e non poden ser vistos ben por un grupo de 60 nenos-as. Estas ilustracións transformámolas en volume e facemos marionetas dos personaxes.

O rato Fuco e monicreques
Lili Gruyère nunha escenografía
Un monicreque de caracol nunha televisión antiga
Lili Gruyère cun coelliño
O rato Fuco e un monicreque
O rato Fuco e monicreques

Coñece aos Ratos de Lonxedetodo

Fuco

Fuco

A este rato gústalle a poesía, debuxar, tocar o acordeón e traballar na súa horta. É curmán de Carolina e Pillo.

Lilí Grouyère

Lilí Gruyère

Artista de talla internacional. Canta nos mellores teatros do mundo. Tódolos ratos e ratiñas de Lonxedetodo adórana e teñen moi en conta as súas opinións.

Faifa

Faifá

Naceu nun lonxano país: Palmira. Tivo que fuxir dalí a causa da guerra. Agora é feliz en Lonxedetodo mais non esquece as súas raíces.

Carolina

Carolina

Sobriña de Lilí Gruyère, intrépida aventureira e gran inventora. Ten unha paciencia enorme co seu irmán Pillo, que con frecuencia estraga os seus experimentos.

Pillo

Pillo

O irmán de Carolina é o máis novo do grupo. Está aprendendo a ler e non pensa máis ca en comer "bocatas".

Os rato de lonxedetodo na biblioteca
Logo Trinketrinke
Teléfono

Chama aos Ratos de Lonxedetodo

616 071 986

© Copyright 2025 Trinketrinke Teatro | Aviso legal | Política de privacidade

Fuco en bicicleta