Os Ratos de Lonxedetodo percorren as bibliotecas de Galicia desde 1992. Contan cun repertorio de máis de 50 espectáculos que abordan distintos temas de interese educativo e que foron representados en mil e unha ocasións, tanto para público familiar como escolar.
Trinketrinke está integrado por: David Pernas (Fuco) director e fundador da compañía, Vanessa Rivas (Lilí Gruyère) mestra de Educación Infantil e Primaria, Nadia Hariri (Faifá)licenciada pola ESAD de Galicia, Isa Risco (Carolina) graduada en Pedagoxía Teatral pola Universidade da Coruña e Juanillo Esteban (Pillo) voz do popular “Xabarín” da TVG.
Os personaxes- ratos, a través da comicidade, tenta establecer unha relación afectiva co público infantil e grazas a ela, constituirense aos seus ollos en modelo de lectores, amantes da literatura e usuarios da biblioteca.
Nas nosas sesións sempre hai elementos que sorprenden ao público. Para contar os contos utilizamos distintos recursos: narración oral, mostrarmos as ilustracións, monicreques, teatro de obxectos, proxeccións, franelogramas e tamén dramatizacións nas que participa o público asistente.



Hai contos que se prestan á narración oral, o xeito mais xenuino de transmitir un conto. Hai contos que teñen fermosas ilustracións que poden ser amosadas aos nenos-as mentres se contan; outros contos de fermosas ilustracións teñen un formato pequeno e non poden ser vistos ben por un grupo de 60 nenos-as. Estas ilustracións transformámolas en volume e facemos marionetas dos personaxes.







A este rato gústalle a poesía, debuxar, tocar o acordeón e traballar na súa horta. É curmán de Carolina e Pillo.

Artista de talla internacional. Canta nos mellores teatros do mundo. Tódolos ratos e ratiñas de Lonxedetodo adórana e teñen moi en conta as súas opinións.

Naceu nun lonxano país: Palmira. Tivo que fuxir dalí a causa da guerra. Agora é feliz en Lonxedetodo mais non esquece as súas raíces.

Sobriña de Lilí Gruyère, intrépida aventureira e gran inventora. Ten unha paciencia enorme co seu irmán Pillo, que con frecuencia estraga os seus experimentos.

O irmán de Carolina é o máis novo do grupo. Está aprendendo a ler e non pensa máis ca en comer "bocatas".



© Copyright 2025 Trinketrinke Teatro | Aviso legal | Política de privacidade
Isto foi obra de Sr. Concejo. Fotografías de Kike Croma e Estudio M.
