Os xoguetes dos ratos

Entre os xoguetes dos Ratos de Lonxedetodo hai moitos que son recoñecibles polas nenas e nenos.

Así e todo hai outros que causarán a súa sorpresa…Estes ratos teñen moita imaxinación e ganas de pasalo ben e postos a xogaren non hai quen os pare!

Temas: Xogos. Contos clásicos.

O galo engancha

Érase unha vez un galo que tódalas mañás cantaba moi cedo. Un día o granxeiro, farto de tanto madrugar, colleuno polo pescozo e… xa non se puido soltar. E non só iso. Tamén tivo que bailar e cantar igual ca el.

Alguén quere axudar ao granxeiro a esconxuralo meigallo?

Nesta sesión os pais e nais asistentes axudan a dramatizar este divertido conto.

Temas: Teatro. Xogo dramático. Creatividade.

Facendo teatro. O pequeno raposo

Ao rato Fuco encántalle o teatro, sobre todo pola súa dimensión lúdica e grupal. Hoxe vai dirixir a obra “O Pequeno Raposo”, representada por algúns dos asistentes, que trás uns pequenos xogos preparatorios estarán listos para actuar.

Temas: Teatro. Xogo dramático. Expresión.

Ímolo pasar de medo!

Os Ratos de Lonxedetodo organizan con frecuencia “veladas de medo”, nas que contan contos, cantan cancións e fan xogos: Pasan un chisquiño de medo pero sobre todo rin e se divirten.

Temas: Medos. Xogos.

O coro do rato Fuco

O rato Fuco está entusiasmado co traballo que ten por diante: formar un coro, dirixilo e gañar o concurso de música coral que organiza o Concello. Para isto contará coa axuda da súa amiga Lilí Gruyère e coas marabillosas voces do público asistente.

Temas: Xogos.