A vida na selva

Os ratos de Lonxedetodo son moi viaxeiros. Fuco ven de pasar unha temporada na selva e alí puido observar con desagrado como impera a lei do mais forte. Básicamente, observou que na selva faise o que lle peta ao rei, o león.

Temas: Viaxes. Multiculturalidade.

Viaxe a Brasil

Os nosos ratos están facendo preparativos para viaxar a Brasil: repasan cancións brasileiras, ensaian bailes e contan contos deste país, salientando os lazos lingüísticos que o unen a Galicia. Darán a coñecer a obra de dous autores referenciais: Monteiro Lobato (pai da literatura infantil brasileira) e Eliardo França.

Temas: Viaxes. Multiculturalidade. Lusofonía.

O que non sabías do Nadal!

A ratiña Faifá sabe desde cando e porqué se celebra o Nadal no mundo. Percorreu moitos países e coñece diferentes xeitos de celebración e os personaxes que, en cada lugar, levan agasallos ás nenas e nenos!

Temas: Nadal. Viaxes. Multiculturalidade.

Viaxe a Sudamérica

Lilí Gruyère e Fuco acaban de voltar dunha longa viaxe por América do Sur e Central. Ámbolos dous van dramatizar algunhas das anécdotas mais divertidas da súa viaxe e darannos a coñecer cancións, contos e poesías daquel continente.

Temas: Viaxes. Multiculturalidade. Letras hispano- americanas.

Viaxe a África

Lilí Gruyère está recén chegada dunha xira por África. Vainos contar e cantar anécdotas, xeitos de vida, contos e cancións dos dous grupos culturais e xeográficos principais deste continente (xeneralizando): a África subsahariana ou negra e a África do norte ou Magreb. Así, explicarános, con “jaima” e todo, como se toma o té no deserto, como se fai un turbante e recreará o lugar, onde tradicionalmente, se contan os contos nas aldeas da África subsahariana.

Temas: Viaxes. Multiculturalidade.

Contos para andar o camiño

O rato Fuco e a ratiña Carolina xunto aos outros ratos, teñen planeado facer o Camiño de Santiago. O problema aparece cando Pillo se decata de que o Camiño faise andando. Carolina vai tratar de convencelo e para iso axudaráse (cómo non!) de certos contos.

Temas: Viaxes. Multiculturalidade. Xogos.

Viaxe pola Galicia encantada

Nesta sesión faremos un percorrido polas nosas tradicións máis antigas: lendas asociadas a lugares marabillosos, danzas que invocan aos elementos naturais, cancións infantís do noso folklore e contos de tradición oral cuxa orixe se perde na noite dos tempos.

Temas: Contos tradicionais. Letras Galegas. Viaxes.