Riciños de ouro e os tres osos
Os ratos e ratiñas de Lonxedetodo son moi amables e repectuosos. Disfrutan da natureza e por suposto respectan a intimidade dos demais animais, non como Riciños de Ouro… Tamén lles gustan as festas, sobre todo se hai música, bailes e en maior medida se existe a posibilidade de… ¡atopar un globo máxico!
Temas: Contos clásicos. Medio ambiente. Primeiras letras e contos Maxia.
Hoxe acompañaremos á Ratiña Faifá facendo ximnasia: arriba, abaixo, diante, detrás, abrir, pechar… Pero nos interromperá un imprevisto en forma de necesidade fisiolóxica. Aproveitaremos este momento para falar de cueiros e penicos. E continuaremos descubrindo as nosas emocións e as dos demais a través dun divertido xogo no que o protagonista é… ¡un monstro!
Temas: Saúde física e emocional. Primeiras letras e contos.
Os ratos de Lonxedetodo teñen un xardín, turelí. No xardín hai un niño, tureló. No niño hai un ovo, turelí. Esperan que dese ovo enorme que nos amosan, naza un paxariño. E fan tódolos preparativos necesarios para recibilo da mellor maneira posible. O conto de Turelí Tureló desenvólvese en nove capítulos ou escenas. O seu texto lembra ás cantarelas dos xogos infantís. É un conto poético moi sinxelo e apropiado para nenas e nenos de tres anos.
Temas: Medio Ambiente. Coidados. Primeiras letras e contos.
Esta sesión é un eloxio da imaxinación. Usándoa e aplicando un sinxelo método que a ratiña Carolina nos explicará, podemos chegar a crear contos. A sesión de hoxe dános a coñecer a dous escritores referentes na Literatura Infantil (mais non só) do século XX: Rodari e Ionesco.
Temas: Creatividade. Xogos.
O espectáculo dos Ratos de Lonxedetodo máis veces representado! Fuco trae nunha caixa os ratiños mais novos e polo tanto máis pequenos de Lonxedetodo. Ténos que coidar. Amósallos aos nenos e nenas mais cando lles manda que se volvan meter na caixa, os ratos non obedecen e ademáis mórdenlle. Fuco enfádase e consegue que entren na caixa… por pouco tempo. Para calmalos, decide contarlles tres contos , un para cada un. De ratos, por suposto. Os contos de Arnold Lobel son imprescindibles para a iniciación dos nenos e nenas no mundo da literatura.
Temas: Primeiras letras e contos.
Hoxe o rato Fuco acode á Biblioteca co seu curmán Pillo. Este rato comellón aínda non sabe ler. Fuco decide ensinarlle utilizando un método revolucionario da súa invención! Ó remate da clase, cando cheguen a Lonxedetodo, poderán merendar os deliciosos ovos que poñen as galiñas do seu galiñeiro.
Temas: Primeiras letras e contos.