O entroido dos ratos

Os ratos de Lonxedetodo, como viaxan tanto, coñecen como se celebra o Entroido en distintas partes de Galicia. E están todo o ano desexando que chegue para disfrazarse, andar de troula e gastarse bromas os uns aos outros.

Acompañarannos nesta ocasión o rato Fuco co seu acordeón e o rato Pillo co seu ukelele. A festa está asegurada!

Temas: Tradicións. Xogos.

Poderes hipnóticos

A gran Lilí Gruyère é unha ratiña que percorre os principais teatros do mundo cantando, bailando e facendo maxia.

Hoxe preséntanos un increíble (e bastante cómico) espectáculo de hipnotismo en compañía do seu amigo o rato Fuco.

Temas: Misterio. Maxia cómica.