Riciños de ouro e os tres osos
Os ratos e ratiñas de Lonxedetodo son moi amables e repectuosos. Disfrutan da natureza e por suposto respectan a intimidade dos demais animais, non como Riciños de Ouro… Tamén lles gustan as festas, sobre todo se hai música, bailes e en maior medida se existe a posibilidade de… ¡atopar un globo máxico!
Temas: Contos clásicos. Medio ambiente. Primeiras letras e contos Maxia.
A imaxinación da gran Lilí Gruyère non ten límite! Como en Lonxedetodo últimamente non para de chover, decidiu montarse unha praia particular…na biblioteca!
Temas: Arte. Creatividade. Medio Ambiente.
Os Ratos de Lonxedetodo aman a natureza. Hoxe o rato Fuco vainos falar da importancia do coidado do medio ambiente, con especial atención ao cambio climático, e vainos contar contos dos animais do bosque de Lonxedetodo.
Temas: Medio Ambiente. Contos tradicionais. Cambio climático.
Á ratiña Faifá encántalle o mar. Gústalle ir á Praia de Lonxedetodo para contémplalo, relaxarse e soñar…. Tamén dá longos paseos pola beira apañando cousas que atopa, ás veces naturais e ás veces lixo que recicla e ao que lle da un uso ben bonito!
Temas: Medio Ambiente. Poesía.
Asociación de Animais Solidarios
Os ratos de Lonxedetodo veñen de formar a Asociación de Animais Solidarios vendo os problemas que na fauna mundial está a provocar o cambio climático. Pronto comezan a recibir chamadas de animais que procuran axuda.
Temas: Medio Ambiente. Cambio climático. Educación para a cidadanía.
Os ratos de Lonxedetodo teñen un xardín, turelí. No xardín hai un niño, tureló. No niño hai un ovo, turelí. Esperan que dese ovo enorme que nos amosan, naza un paxariño. E fan tódolos preparativos necesarios para recibilo da mellor maneira posible. O conto de Turelí Tureló desenvólvese en nove capítulos ou escenas. O seu texto lembra ás cantarelas dos xogos infantís. É un conto poético moi sinxelo e apropiado para nenas e nenos de tres anos.
Temas: Medio Ambiente. Coidados. Primeiras letras e contos.