Algunhas veces os ratos de Lonxedetodo fan o mesmo que fan os demáis, por imitación, sen pararse a pensar se o que están facendo é o que realmente queren.
Isto tamén lles pasa ás ovellas e, en xeral, a todo tipo de animais. Mesmo ás persoas…
Temas: Coidados. Educación para a cidadanía. Diversidade.
Lonxedetodo, un modelo de comunidade
A aldea de Lonxedetodo é unha comunidade democrática na que toda a veciñanza contribúe ao ben común pagando os seus impostos. Grazas a isto Lonxedetodo conta con colexio público, teatro público, piscina pública, escola pública de música e un longo etcétera de servizos que fan máis agradable a vida da ratiños e ratiñas.
Temas: Educación para a cidadanía. Urbanismo. Comunidade.
Asociación de Animais Solidarios
Os ratos de Lonxedetodo veñen de formar a Asociación de Animais Solidarios vendo os problemas que na fauna mundial está a provocar o cambio climático. Pronto comezan a recibir chamadas de animais que procuran axuda.
Temas: Medio Ambiente. Cambio climático. Educación para a cidadanía.