O rato canguro

O rato Fuco chega hoxe á biblioteca acompañado por un pequeno porquiño ao que ten que coidar porque os pais hoxe non poden. Cambiarálle o cueiro, darálle a merenda e por suposto contarálle contos, porque en Lonxedetodo os coidados non son una actividade exclusiva das ratiñas.

Temas: Educación afectivo- sexual. Coidados. Igualdade de xénero.

De ónde veñen os bebés? (e outras preguntas)

O rato Fuco é tan curioso como calquera neno. Últimamente tolea a preguntas á súa amiga Lilí Gruyère. Ela ármase de paciencia e contesta as que sabe e apraza a resposta das que non gañando tempo para se documentar, mais nunca censura a curiosidade do seu pequeno amigo porque sabe que ésta e a motivación son os motores de toda aprendizaxe.

Temas: Educación afectivo- sexual. Curiosidade.

Cores e persoas

Un paseo respectuoso por un mundo diverso da man de Lilí Gruyére. Abórdase o problema do acoso escolar e dáse a coñecer a realidade tráns-xénero na infancia (coa colaboración da psicóloga Chus Díaz Anca).

Temas: Educación afectivo- sexual.

Non. Aí non. (Contos para protexer a infancia dos abusos sexuais)

Da man de Lilí Gruyére, o tema é tratado dun xeito delicado, coidadoso e claro ao mesmo tempo.

Temas: Educación afectivo- sexual.

Familias diversas

Hoxe visítanos a ratiña Carolina. Vainos falar da súa mamá Rita que é a directora da banda de música de Lonxedetodo e da súa mamá Rosalinda, desactivadora de trampas para ratos. Carolina está empezando a pensar qué quere ser de maior.

Temas: Educación afectivo- sexual.

Aprendendo a querer

Unha bóa saúde afectiva é básica para o benestar e o desenvolvemento da persoa. Tamén é importante para previr comportamentos violentos e para saber detectar relacións insás. Isto sábeno ben os ratos e ratiñas de Lonxedetodo, que teñen cousas moi interesantes para contarnos hoxe.

Temas: Educación afectivo- sexual. Saúde afectiva.

O ratiño presumido

O conto de "A ratiña presumida" fomenta os estereotipos de xénero e as ideas sexistas. Nesta actividade dramatizaremos o conto de "O Ratiño presumido" dándolle a volta ao conto clásico para amosar a un ratiño (o rato Fuco) que disfruta cantando e limpando a súa casa e para visibilizar un rol feminino de empoderamento, no que a ratiña non ten ningún problema en tomar a iniciativa e propoñer ela o matrimonio ao ratiño.

Temas: Educación afectivo- sexual. Igualdade de xénero.