O coelliño branco

A Gran Lilí Gruyére atopou, diante dun teatro no que viña de actúar, un coelliño branco. Adoptouno como mascota e levouno para Lonxedetodo. Falando con el enterouse de que era o protagonista dun conto e tamén de que traballara moitos anos como axudante dun mago. Aproveitarán a visita á bilioteca para amosarnos o seu gran espectáculo de maxia a dúo!

Temas: Maxia. Creatividade.

O galo engancha

Érase unha vez un galo que tódalas mañás cantaba moi cedo. Un día o granxeiro, farto de tanto madrugar, colleuno polo pescozo e… xa non se puido soltar. E non só iso. Tamén tivo que bailar e cantar igual ca el.

Alguén quere axudar ao granxeiro a esconxuralo meigallo?

Nesta sesión os pais e nais asistentes axudan a dramatizar este divertido conto.

Temas: Teatro. Xogo dramático. Creatividade.

Unha praia particular

A imaxinación da gran Lilí Gruyère non ten límite! Como en Lonxedetodo últimamente non para de chover, decidiu montarse unha praia particular…na biblioteca!

Temas: Arte. Creatividade. Medio Ambiente.

O pequeno circo das mans

Lilí Gruyére é a ratiña de mais sona de Lonxedetodo. Artista polifacética, actualmente traballa no circo. Hoxe presentaranos os mais sorprendentes, marabillosos, inigualables números circenses e tamén contos, acompañada do seu amigo e admirador o rato Fuco.

Temas: Creatividade. Maxia. Superación persoal.

O cole de Lonxedetodo

O ratos e ratiñas de Lonxedetodo van lembrar o seu primeiro día de escola, o medo que tiveron que vencer ao despegarse das súas mamás e como, co paso dos días, foron descubrindo unha chea de actividades gratificantes.

Temas: Creatividade. Medos.

O rato ilustrador

O rato Fuco, de camiño á Biblioteca, atopou unha caixa de lápises. Resulta unha extraña casualidade, porque xusto acaba de ler un conto titulado “Tomé e o lapis máxico” . Será tamén máxico algún deste lápises que acaba de atopar? Poderá debuxar todo o que se lle ocurra?

Temas: Creatividade. Expresión plástica.