Os sete cabritos e o lobo

Aos ratos de Lonxedetodo ademáis dos contos,encántalles o teatro. Por iso,ás veces, organizan obras nas que participan maiores ou pequenos e nas que se representan algúns dos seus contos favoritos. E para prepararnos antes da representación, un fantástico conto participativo da gran escritora galega Gloria Sánchez: A Raíña de Turnedó.

Temas: Contos tradicionais. Letras Galegas.

Fábulas

Desde a antiga Grecia ata os nosos días, as fábulas constitúen un xénero literario que se caracteriza polo seu claro obxectivo didáctico. Da historia protagonizada por animais que falan extráese unha conclusión expresada na sentencia final. Hoxe os Ratos de Lonxedetodo, van representar con marionetas algunhas das súas fábulas favoritas.

Temas: Contos tradicionais. Letras Galegas.

Animais do bosque

Os Ratos de Lonxedetodo aman a natureza. Hoxe o rato Fuco vainos falar da importancia do coidado do medio ambiente, con especial atención ao cambio climático, e vainos contar contos dos animais do bosque de Lonxedetodo.

Temas: Medio Ambiente. Contos tradicionais. Cambio climático.

Lonxedetodo en festas

Nas festas de Lonxedetodo os ratos comen, cantan, bailan e por suposto contan contos: algúns de autores da nosa época e outros de tradición oral, que son aqueles que foron pasando de pais a fillos durante séculos.

Temas: Contos tradicionais. Letras Galegas.

Viaxe pola Galicia encantada

Nesta sesión faremos un percorrido polas nosas tradicións máis antigas: lendas asociadas a lugares marabillosos, danzas que invocan aos elementos naturais, cancións infantís do noso folklore e contos de tradición oral cuxa orixe se perde na noite dos tempos.

Temas: Contos tradicionais. Letras Galegas. Viaxes.