Riciños de ouro e os tres osos

Os ratos e ratiñas de Lonxedetodo son moi amables e repectuosos. Disfrutan da natureza e por suposto respectan a intimidade dos demais animais, non como Riciños de Ouro… Tamén lles gustan as festas, sobre todo se hai música, bailes e en maior medida se existe a posibilidade de… ¡atopar un globo máxico!

Temas: Contos clásicos. Medio ambiente. Primeiras letras e contos Maxia.

Un invento para chegar ao ceo

A ratiña Carolina é recoñecida en Lonxedetodo como una gran inventora. Encántalle saber e aprender como funciona calquera aparello. Os libros de experimentos son os seus favoritos.

Hoxe vai presentar na biblioteca o seu último invento co que pretende voar!

Temas: Ciencia. Contos clásicos.

Contos de Perrault

Charles Perrault foi un autor e compilador francés de contos que están no imaxinario de todos nós: A Carapuchiña Vermella, A Cincenta, A Bela Dormente, Polgariño… Así e todo, cómpre revisar a obra deste escritor do século XVII desde a perspectiva do XXI, en especial aqueles contos que perpetúan unha visión machista da sociedade.

Temas: Contos clásicos. Igualdade de xénero.

O xornal de Lonxedetodo

En Lonxedetodo publícase un xornal que informa das principais novidades da aldea e do mundo. Hoxe a noticia mais salientable é a xira de presentación do novo disco da gran Lilí Gruyèrere! Tamén inclúe as habituais seccións. Entre elas a de pasatempos ou “O mundo dos contos”.

Temas: Contos clásicos. Medios informativos.

Unhas botas misteriosas

A Ratiña Carolina e o seu irmán Pillo descobren na biblioteca un par de misteriosas botas…¿Acaso serán as famosas botas de sete leguas do ogro do conto de Polgariño? Para sairen de dúbidas os dous ratos deciden probalas…

Temas: Contos clásicos.

Traballiños de verán

Achégase o verán e os nosos ratos teñen planeado traballar de camareiros para gañar uns cartiños. Hoxe van practicar un pouco na biblioteca. A ver que tal lles sae...

Temas: Contos clásicos. Xogos.