Ás veces un pode meterse en problemas por non respectar certos límites.E unha vez metidos no problema, o mellor será buscar con calma unha solución e aprender da experiencia. Sesión na que se trata a importancia dos límites na educación.
Temas: Límites. Positividade.
Algunhas veces os ratos de Lonxedetodo fan o mesmo que fan os demáis, por imitación, sen pararse a pensar se o que están facendo é o que realmente queren.
Isto tamén lles pasa ás ovellas e, en xeral, a todo tipo de animais. Mesmo ás persoas…
Temas: Coidados. Educación para a cidadanía. Diversidade.
O rato Fuco chega hoxe á biblioteca acompañado por un pequeno porquiño ao que ten que coidar porque os pais hoxe non poden. Cambiarálle o cueiro, darálle a merenda e por suposto contarálle contos, porque en Lonxedetodo os coidados non son una actividade exclusiva das ratiñas.
Temas: Educación afectivo- sexual. Coidados. Igualdade de xénero.
A parte de artista, Lilí Gruyére é unha gran cociñeira. Hoxe vai preparar en directo un menú moi san.
Nesta sesión trátase o tema da alimentación e propóñense hábitos saúdables.
Temas: Saúde. Alimentación.
O ciclo da vida e o respeto debido aos anciáns son os dous temas tratados neste espectáculo. Lilí Gruyère cóntanos como axudou a súa avóa, hai moitos,moitos anos, a plantar unha maceira. Hoxe, cada vez que come unha mazá, lémbrase dela. Contarános contos que a súa avóa lle contou e poñerános a música que a ela lle gustaba.
Temas: Coidados. Ciclo da vida.
Os ratos de Lonxedetodo teñen un xardín, turelí. No xardín hai un niño, tureló. No niño hai un ovo, turelí. Esperan que dese ovo enorme que nos amosan, naza un paxariño. E fan tódolos preparativos necesarios para recibilo da mellor maneira posible. O conto de Turelí Tureló desenvólvese en nove capítulos ou escenas. O seu texto lembra ás cantarelas dos xogos infantís. É un conto poético moi sinxelo e apropiado para nenas e nenos de tres anos.
Temas: Medio Ambiente. Coidados. Primeiras letras e contos.