Un agasallo para Lilí

Ás veces un pode meterse en problemas por non respectar certos límites.E unha vez metidos no problema, o mellor será buscar con calma unha solución e aprender da experiencia. Sesión na que se trata a importancia dos límites na educación.

Temas: Límites. Positividade.

Os xoguetes dos ratos

Entre os xoguetes dos Ratos de Lonxedetodo hai moitos que son recoñecibles polas nenas e nenos.

Así e todo hai outros que causarán a súa sorpresa…Estes ratos teñen moita imaxinación e ganas de pasalo ben e postos a xogaren non hai quen os pare!

Temas: Xogos. Contos clásicos.

O coelliño branco

A Gran Lilí Gruyére atopou, diante dun teatro no que viña de actúar, un coelliño branco. Adoptouno como mascota e levouno para Lonxedetodo. Falando con el enterouse de que era o protagonista dun conto e tamén de que traballara moitos anos como axudante dun mago. Aproveitarán a visita á bilioteca para amosarnos o seu gran espectáculo de maxia a dúo!

Temas: Maxia. Creatividade.

Querémola paz!

A ratiña Faifá vive en Lonxedetodo desde hai pouco tempo. Antes vivía no Deserto de Palmira, mais tivo que fuxir de alí cos seus pais a causa da guerra. Despois dunha longa e dura viaxe atoparon novamente unha vida en paz mais viven co desexo de poderen retornar algún día á súa casa.

Temas: Educación para a paz. Viaxes. Multiculturalidade.

Riciños de ouro e os tres osos

Os ratos e ratiñas de Lonxedetodo son moi amables e repectuosos. Disfrutan da natureza e por suposto respectan a intimidade dos demais animais, non como Riciños de Ouro… Tamén lles gustan as festas, sobre todo se hai música, bailes e en maior medida se existe a posibilidade de… ¡atopar un globo máxico!

Temas: Contos clásicos. Medio ambiente. Primeiras letras e contos Maxia.

Cueiros de cores

Hoxe acompañaremos á Ratiña Faifá facendo ximnasia: arriba, abaixo, diante, detrás, abrir, pechar… Pero nos interromperá un imprevisto en forma de necesidade fisiolóxica. Aproveitaremos este momento para falar de cueiros e penicos. E continuaremos descubrindo as nosas emocións e as dos demais a través dun divertido xogo no que o protagonista é… ¡un monstro!

Temas: Saúde física e emocional. Primeiras letras e contos.

Os sete cabritos e o lobo

Aos ratos de Lonxedetodo ademáis dos contos,encántalles o teatro. Por iso,ás veces, organizan obras nas que participan maiores ou pequenos e nas que se representan algúns dos seus contos favoritos. E para prepararnos antes da representación, un fantástico conto participativo da gran escritora galega Gloria Sánchez: A Raíña de Turnedó.

Temas: Contos tradicionais. Letras Galegas.

O caracol namorado

Hoxe descubrimos que Manolo Caracol, amigo do rato Fuco, está namorado da Rá Lolita. Últimamente non quere comer e só fala en verso. “Un bo día, pensa o rato Fuco, para dedicarse á poesía!“

Temas: Poesía.

A noite

O Rato Pillo ténlle medo á escuridade. A súa irmá Carolina, intrépida aventureira, non lle tén medo ningún e é testemuña diaria da súa fermosura. Por iso, coa axuda da ratiña Faifá, vainos contar hoxe os contos e vainos ensinar os xogos que axudarán a que Pillo se sinta tranquilo antes de durmir.

Temas: Medos.

O entroido dos ratos

Os ratos de Lonxedetodo, como viaxan tanto, coñecen como se celebra o Entroido en distintas partes de Galicia. E están todo o ano desexando que chegue para disfrazarse, andar de troula e gastarse bromas os uns aos outros.

Acompañarannos nesta ocasión o rato Fuco co seu acordeón e o rato Pillo co seu ukelele. A festa está asegurada!

Temas: Tradicións. Xogos.