Contos para andar o camiño

O rato Fuco e a ratiña Carolina xunto aos outros ratos, teñen planeado facer o Camiño de Santiago. O problema aparece cando Pillo se decata de que o Camiño faise andando. Carolina vai tratar de convencelo e para iso axudaráse (cómo non!) de certos contos.

Temas: Viaxes. Multiculturalidade. Xogos.

Viaxe pola Galicia encantada

Nesta sesión faremos un percorrido polas nosas tradicións máis antigas: lendas asociadas a lugares marabillosos, danzas que invocan aos elementos naturais, cancións infantís do noso folklore e contos de tradición oral cuxa orixe se perde na noite dos tempos.

Temas: Contos tradicionais. Letras Galegas. Viaxes.